← Volver a Proxectos

03 / El Titi de Argüelles

Massada Beauty Days

Ideación, Dirección Creativa e Dirección de Arte

Nun mundo que vive con présa e en pleno ruído do Black Friday, Massada quixo fuxir da compra por impulso para reivindicar a pausa e o coidado consciente. Porque o benestar da pel non responde a urxencias, senón ao tempo que lle dedicamos e a fórmulas creadas no noso propio laboratorio que respectan o seu ritmo biolóxico celular. Baixo esa premisa naceu Massada Beauty Days: a túa pel merece algo máis ca un desconto.

No plano visual, reinterpretamos de forma conceptual os códigos do "Black" a través dun xogo de luces e sombras. As sombras evocan a elegancia da data, mentres que a luz ilumina o produto, a súa aplicación sobre a pel e o xesto íntimo de deterse a gozar do ritual diario.

Unha campaña global —dirixida tanto ao cliente final como a distribuidores profesionais— despregada en redes sociais, web, newsletters e cartelaría exterior para impulsar as vendas desde a eficacia e a calma da marca.

Massada Biocellular Regenerating Serum